Taboleiro de Anuncios


Asociación Veciñal Cultural e Recreativa San Mamede de Zamáns


-

NIF:G36691855
Estrada Zamáns, 251 - 36310 Zamáns (Vigo)
Tfno-Fax:986 468039
Email: zamans@zamans.org


,

 

           

  Zamáns, 23-abril-2010. 

 

                                                                                    

Estimados veciños/as:

Como tódolos anos achegámosvos a programación cultural e iniciativas interesantes para a os próximos meses:

-Zamáns, vai de baile.

Domingo, 25 de abril ás 18:30h, encontro de grupos de baile galego.

Actúan: Grupo de baile Celado (Mos), AAVV Val do Fragoso(Vigo), A.C. Tangaraño(Mos) e Xinela (Vigo).

-Teatro infantil.

O domingo, día 16 de maio ás 18h no auditorio do centro cultural. A obra titúlase “Un día moi especial” a cargo de Páprika Teatro.

A actuación está dentro do programa “Vigo a Escena” do Concello de Vigo.

-I certame folk en Zamáns.

O luns, 17 de maio ás 18:30h no auditorio do centro cultural, encontro de grupos folk.

Actúan: Grupo Folk Tarxa de A. Monte da Mina, Grupo Folk O son da Ondas de Helios e

Grupo Folk Virandeira de AVCR San Mamede de Zamáns.

-Prezos especiais para os socios da AVCR San Mamede de Zamáns no Complexo Deportivo da Universidade de Vigo.

ABONOS:

•Abono INDIVIDUAL CORPORATE: 26€ (Prezo actual: 41€)

•Abono FAMILIAR CORPORATE: (Titular+Cónxuxe+fillos ata 18 anos):38€ (Prezo actual:58,5)

•Abono FAMILIAR FIN DE SEMANA CORPORATE:(Titular+Cónxuxe+fillos ata 18 anos):18,20€

(Prezo actual: 26€)

•Abono INDIVIDUAL FIN DE SEMANA CORPORATE: 12,60€ (Prezo actual:18)

CURSOS DE NATACIÓN:

*O pago é mensual.

•Curso de natación adultos, 1día/semana:11

•Curso de natación nenos-infantil, 1día/semana:8

Se estades interesados, tendes algunha dúbida ou desexades consultar os horarios dos cursos de natación, chamade ó 986468039.

 

Aproveitamos para poñernos como sempre á vosa disposición e agradecervos a colaboración.

Recibide un cordial saúdo.